CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca recibe o mércores o Spórting Huelva, rival directo

Publicado o 01/03/2021 21:18

O Deportivo Abanca afronta unha semana decisiva para a permanencia. O mércores vai recibir en Abegondo o Spórting Huelva, un rival directo.

O equipo andaluz marca a liña da salvación, é decimo cuarto e sácalle 6 puntos de vantaxe ás coruñesas, que na fin de semana perderon contra o Raio Vallecano.

O domingo, as de Manu Sánchez irán ata San Sebastián para xogaren contra a Real Sociedade en Zubieta.

 

Noticias web

01/03/2021