CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca non pasa do empate sen goles ante o Eibar

Publicado o 10/02/2021 18:43

O Deportivo Abanca non pasou do empate sen goles ante o Eibar. Foi un partido igualado e con poucas ocasións. A máis clara para as galegas chegou no segundo tempo cun tiro de Alba Merino que petou no pau.

As xogadoras vascas foron moi críticas coa arbitraxe por un gol en fóra de xogo e un posible penalti.

No palco de Abegondo non había ningún representante do novo Consello de Administración.

Noticias web

10/02/2021