CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca non ergue a cabeza e perde 4-1 co Levante

Publicado o 14/11/2020 18:00

O Deportivo Abanca sumou unha nova derrota no campo do Levante (4-1) e mantense sen puntuar despois de sete xornadas. 

Antes do minuto dez xa perdía por dous a cero (goles de Cárol Férez e Natasa Andonova). O primeiro tempo rematou cun terceiro gol, o anotado por Irene Guerrero. 

O Deportivo tentou reaccionar na segunda metade, dispuxo de boas ocasións pero acabou encaixando o cuarto gol (Aldana Cometti) e puideron ser cinco porque as levantinistas fallaron un penalti. O gol da honra marcouno Ainoa á saída dun córner.

Noticias web

14/11/2020