CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca logra a súa primeira vitoria na liga, pero "queda moito que arranxar"

Publicado o 07/12/2020 22:01

Na Primeira Iberdrola por fin chegou a primeira vitoria para o Deportivo Abanca tras oito derrotas consecutivas. As de Manu Sánchez conseguiron ante o Eibar os tres primeiros puntos da temporada. Aínda que comezaron gañando cun tanto de Peke,o Eibar conseguiu darlle a volta ao marcaador. O Dépor non baixou os brazos e logrou ao final impoñerse por un 2 a 4. Importante victoria para rachar coa mala xeira de resultados das coruñesas.Manu Sánchez afirmou en sala de prensa que gañar sempre é positivo pero queda moito por arranxar.

Noticias web

07/12/2020