O Deportivo Abanca estraga unha gran oportunidade para gañarlle ao Valencia (1-1)
Publicado o 25/04/2021 13:58
O Deportivo Abanca estragou unha gran oportunidade para gañarlle ao Valencia Feminino (1-1) e a permanencia queda a cinco puntos para as de Manu Sánchez. Todo se puxo de cara cando Alba Merino marcou o primeiro gol aos dous minutos. A colexiada anuloulle un gol a Peke que tería suposto o 2-0 e pouco despois as valencianistas empataron. As mellores ocasións foron para o Deportivo que tivo unha clarísima no tempo engadido pero non foi quen de conseguir a vitoria.