CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca complica as opcións de permanencia coa derrota diante do Betis

Publicado o 14/02/2021 15:29

Paso atrás do Deportivo Abanca na súa pelexa por manterse na elite do fútbol feminino. Perdeu un partido transcendental diante do Betis que as adianta na clasificación e baixa as deportivistas ao último posto da clasificación. 

Os primeiros vinte minutos marcaron o partido. Dous goles temperáns de Rosa Otermín e Ana González déronlle moita tranquilidade a un Betis para o que o partido tamén era unha final. Na segunda metade Peke marcou o gol da esperanza pero pouco durou a alegría porque cinco minutos máis tarde Ángela Sosa marcaba un penalti claro cometido por Villegas (que lle custou a expulsión). 

Noticias web

14/02/2021