CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca cae diante da Real Sociedade (0-2)

Publicado o 11/10/2020 15:21

DEPORTIVO ABANCA 0 REAL SOCIEDADE 2

Sete meses despois a Liga de primeira feminina volveu á cidade deportiva de Abegondo. En circunstancias moi especiais, con esa ausencia de afeccionados nas bancadas. Un pulo que botaron en falla as locais.
A Real Sociedade que dirixe Natalia Arroyo amosouse moi superior no primeiro tempo. Foi titular a exdeportivista Nuria Rábano e dela naceu o primeiro gol visitante. Serviu o sque de esquina que cabeceou dentro Ana Tejada no minuto 15.
O equipo vasco rompía as liñas do Deportivo Abanca por velocidade unha e outra vez.
Porén, o partido puido cambiar por completo se chega ir dentro o disparo de Stephanie Blanco. A costarriqueña case sorprende con esta falta dende case medio campo. Pegou no longueiro.
Era o minuto 36, e cinco despois marcou o 0 a 2 a Real con outra xogada de tiraliñas. O pase cara Barbara Latorre, que malia a presión de Noelia Villegas consegue bater por segunda vez a Noe Bermúdez.
Na segunda parte mudou a imaxe do partido, moito mellor asentado xa o Deportivo Abanca, que mesmo chgou golzar dun penalti a favor tras ser derrubada Andrea na área. Pero o disparo de Peke despexouno a porteira Quiñones.
Malia o dominio local, o marcador do descanso non mudou. SEgunda xornada de liga, primeira derrota do conxunto coruñes.



 

Noticias web

11/10/2020