CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca busca a súa terceira vitoria consecutiva

Publicado o 18/12/2020 22:02

E o Deportivo Abanca quere seguir coa boa dinámica dos últimos dous partidos nos que logrou gañar. As coruñesas suman 6 puntos e son penúltimas na táboa. Mañá sábado xogan ante o Madrid Club de Fútbol, equipo que leva unha xeira de tres vitorias consecutivas, a última ante o Atlético de Madrid. As de Manu Sánchez precisan a vitoria para seguir escalando postos na clasificación

Noticias web

18/12/2020