CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca apaña a quinta derrota en cinco partidos

Publicado o 04/11/2020 21:08

O Deportivo Abanca segue sen coñecer a vitoria nesta temporada logo de 5 xornadas. Esta tarde caeron 3-0 en Valdebebas diante do Real Madrid. Sofía Jakobsson fixo o primeiro para o cadro branco no minuto 21. Todo un golazo en que caneou as defensas herculinas e colocou o balón na escuadra.

O segundo chegou apenas 5 minutos despois, paso ao espazo para Asllani, e a sueca que bate a Sullastres. Non foi quen de reaccionar o Deportivo que acabou apañando o terceiro a 5 minutos do final nunha dobre oportunidade de Asllani ante Sullastres.

Noticias web

04/11/2020