CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca aguantoulle 20 minutos a un poderoso Barcelona que gañou 1-6 en Abegondo

Publicado o 22/12/2020 17:51

O Deportivo Abanca non puido co todopoderoso Barcelona no partido disputado esta tarde en Abegondo. As de Manu Sánchez careon por un gol a seis
 

O equipo coruñés aguantou os primeiros vinte minutos, pero a partir de aí o Barça resolveu o encontro. Catro goles en 15 minutos, os catro co mesmo patrón. Centro desde a banda e remate coa testa. 0-4 ao descanso.

O Barcelona aínda aumentaría distancias na segunda parte. A branquiazul Alba Merino maquillaba un pouco o resultado con este gol tras a asistencia de Lía Muíño. Resultado final 1-6. As blaugrás son líderes indiscutibles e levan dez vitorias en dez partidos. O Deportivo volve caer á última posición da táboa.

 

 

 

 

 

 

Noticias web

22/12/2020