O Deportivo Abanca afronta a súa estrea na Liga Iberdrola
Publicado o 05/09/2019 20:40
Expectación pola estrea do Deportivo Abanca na máxima categoría do fútbol feminino español. Será ás 12 do mediodía ante o Español. A
s xogadoras notaron o cambio de categoría. A pretemporada foi moito máis esixente fisicamente. Tamén o foron os rivais aos que se enfrontaron nos amigables.
"Implicámonos moito na pretemporada, en prepararnos fisicamente, sobre todo, pero tamén mentalmente. Houbo un cambio, pero é que o ten que ver dunha categoría como segunda a outra como primeira", asegura a dianteira Nuria Rábano.
Cris, lateral dereita, di que "temos un ano ilusionante por diante. Estivemos durante tres temporadas loitando polo ascenso e conseguímolo. Queremos gozalo e brindarlle a permanencia á afección e ao club, que o deron todo por nós".