CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca aférrase á súa vida extra

Publicado o 18/06/2021 20:48

O Deportivo Abanca atópase nunha situación estraña. Este gol do Granadilla condenábao aparentemente ao descenso. Ese empate en Abegondo parecía rematar coas súas posibilidades de permanencia e o equipo asumiuno, asegura o adestrador coruñés Manu Sánchez: "O equipo descendeu hai dúas semanas. O partido contra o Granadilla era o partido clave, era a nosa oportunidade de ter a salvación na nosa man. Iso non se deu."

Pero ese empate resultou moito máis valioso do pensado. O equipo ten unha vida extra. Mañá xoga contra o Betis, o seu rival pola permanencia e o técnico anuncia un partido competido: "Eu creo que non contaban con chegar a esta situación e hai que saber levar ese tipo de situacións. Nós demostramos que sabemos vivir na lama, sobrevivimos na lama e este partido é un partido de lama"

As coruñesas teñen que gañar os dous encontros que lles quedan e que o Betis os perda. Non é doado pero vano pelexar. "A nosa mentalidade para mañá é saírmos xogar un partido a vida ou morte, é así, pero sen nada que perder, iso xa pasou. Coido que iso nos converte nun equipo moito máis perigoso", di o adestrador.

O Deportivo Abanca non se rende
 

Noticias web

18/06/2021