CRTVG

Buscar

O Deportivo Abanca abraia na súa estrea na primeira

Publicado o 26/10/2019 19:24

Esta é a fábrica de ilusións deportivistas na actualidade. O equipo que debuta na máxima categoría e despois de seis xornadas é colíder co Barcelona. Invicto con 16 puntos sumados, de 18 disputados. O mellor debutante na historia da liga feminina.

 "O equipo leva unha dinámica moi boa. Temos as cousas cada vez máis claras e intentamos aproveitar as oportunidades que temos", explicou Iris.


Mañá recibirán o club deportivo Tacón, que a vindeira temporada hase chamar Real Madrid Feminino. Mercouno o club branco e xa se viu potenciado coa incoporación de ata dez futbolistas internacionais absolutas.
Porén, este tamén ascendido recente non lle colleu aínda o ritmo á primeira división, vai de antepenúltimo con só 4 puntos e con 20 goles en contra é o máis batido.

"É un partido moi importante pero porque somos dous recentemente ascendidos. Polo demáis é un partido máis. Saímos a gañar, sexa o Tacón, o Barcelona ou o Huelva", explicou a xogadora do Deportivo, Iris.

A todo isto, o Deportivo cada xornada ten máis problemas para meter en Abegondo os centos de persoas que queren entrar nun campo con 1.200 localidades. Mañá ao mediodía volverá desbordar afeccionados enganchados ao fútbol feminino con este Deportivo Abanca.

Noticias web

26/10/2019