O defensa José Fontán sufriu unha escordadura no xeonllo esquerdo
Publicado o 20/10/2021 17:09
Outro lesionado no Celta: o defensa José Fontán. O central vilagarcián sufriu no adestramento de onte unha escordadura de xeonllo esquerdo. O Celta non achegou máis datos no parte médico.
Fontán debutara a semana pasada coa selección sub-21.