CRTVG

Buscar

O CXPX apraza nomeamentos ante a inminencia da súa renovación

Publicado o 25/02/2021 18:11
O CXPX apraza nomeamentos ante a inminencia da súa renovación

Ante a inminencia do acordo, o Consello Xeral do Poder Xudicial decidiu adiar os nomeamentos que tiña previsto realizar hoxe. O órgano de goberno dos xuíces ía designar, entre outros cargos, 3 maxistrados do Supremo e os presidentes dos tribunais superiores do País Vasco e Canarias. Finalmente, decidiu postergalo ata a semana vindeira.

O Consello tamén emitiu un informe crítico sobre o anteproxecto de lei de liberdade sexual: non están de acordo coa figura do consentimento expreso porque ao seu entender presenta dificultades probatorias. Tamén se opoñen a que desapareza a diferenza entre abuso e agresión sexual.

Noticias web

25/02/2021