CRTVG

Buscar

O CXPX valora designar novos maxistrados no seu próximo pleno

Publicado o 07/12/2020 15:30

A relación entre o Consello Xeral do Poder Xudicial e o Goberno podería tensarse nos próximos días.

Segundo o diario El Mundo, un amplo sector deste órgano é partidario de efectuar novas designacións de maxistrados no seu próximo pleno, previsto para o 17 deste mes.

Esta estratexia chocaría de fronte coa proposición de lei que PSOE e Unidas Podemos rexistraron no Congreso, que impediría estas designacións mentres o órgano estea en funcións.

Noticias web

07/12/2020