CRTVG

Buscar

O cuartel de San Fernando abre as súas portas aos visitantes

Publicado o 21/11/2019 14:21

O cuartel de San Fernando volveu abrir as súas portas. Pertence ao concello de Lugo que está a amosar o estado que presenta para facer fincapé na importancia de retomar un proxecto que o concello e a Xunta tiñan para crear aquí un Museo da Romanización e que se paralizou en 2013. Dende a Xunta creen que hai outros espazos axeitados para o museo e propoñen outros usos como unha residencia ou un parador.

Logo de moitos anos pechado, os veciños puideron entrar ata o patio interior e coñecer un pouco a historia deste edificio do século XVIII que albergou un hospital militar. Con todo, o o mal estado que presenta impresiona os visitantes.

No que todos están de acordo é que este edificio, declarado Ben de Interese Cultural, non pode estar así.

Noticias web

21/11/2019