CRTVG

Buscar

O CSD aproba por unanimidade a profesionalización do fútbol feminino

Publicado o 15/06/2021 20:14

O fútbol feminino será profesional a vindeira temporada. Así o acaba de aprobar por unanimidade o Consello Superior de Deportes. Unha vella demanda das xogadoras que se transforma en lei de obrigado cumprimento para os clubs integrantes da primeira división. Contan con redactar o regulamento para que estea en vigor xa na próxima campaña.

Ademais de cobrar por xogar, a norma inclúe melloras laborais, como altas na Seguriade Social, vacacións remuneradas, baixas por maternidade e outros dereitos que as equiparan ao fútbol masculino. Un avance que pode trasladarse a outros deportes.

Noticias web

15/06/2021