O CSD abre a porta a inhabilitación de Javier Tebas
• Abre un expediente para investigar as relacións do presidente da Liga co Fuenlabrada pero descarta atender á demanda do Deportivo sobre a liga de 24: "É unha discusión superada"
O Consello Superior de Deportes abre a porta á inhabilitación de Javier Tebas, coa apertura dun expediente.
Irene Lozano: "É algo que está contemplado no proceso pero non estamos aí, só abrimos o expediente"
Pero a outra demanda do Deportivo, a liga de 24, cos coruñeses en Segunda, está descartada.
Irene Lozano: "Iso está superado. A Liga tomou no seu momento a decisión, que é quen tiña que facelo"
Hai dúas semanas o CSD aliñouse coa Liga e contra a Federación para rexeitar unha liga de 24 equipos en Segunda, que incluíse o Deportivo e o Numancia. A actuación do organismo gubernamental non gustou na Coruña.
Fernando Vidal, presidente do Deportivo: "O poder da Liga puido co CSD, non sei a cambio de que"
Xosé Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte: "O Consello Superior de Deportes non estivo á altura"
Na práctica o caso pechouse sen responsables de que o Fuenlabrada viaxase a Coruña con infectados. Así que o CSD trasládalle a Fiscalía o cometido de sinalar os culpables.
Irene Lozano: "Parece que o caso se pechou en falso, se o pecha a fiscalía teráse pechado con rigor, que é o obxectivo"
Aínda que prosperen eses expedientes seguramente será tarde para o Deportivo.