CRTVG

Buscar

O CSD, a Liga e a RFEF pactan o retorno do fútbol e o rescate para o deporte e os deportistas

Publicado o 20/04/2020 16:46

O Consello superior de Deportes quere que o Ministerio de Sanidade valore que o fútbol é unha industria que move milleiros de millóns e de empregos. A Liga e a Federación presionan para volver xogar: anuncian que dos dereitos televisivos crearán un fondo de 10 millóns para que o CSD reparta cos outros deportes.

Dende a Uefa insistiu onte o seu presidente que é mellor volver xogar cos campos baleiros que anular a temporada. O fútbol do verán tería este son.

Tan pronto como o permita o Ministerio de Sanidade, e fálase da segunda semana de maio, este é o protocolo que teñen os clubs.

Os adestramentos serán todos a porta pechada.

Comenzan de xeito individual, logo pequenos grupos e finalmente todo o equipo un mínimo de 15 días.

Eses 15 días os conxuntos terán que estar concentrados nas súas cidades deportivas ou en hoteis.

Terán que pasar un mínimo de 3 probas do COVID-19 tanto os futbolísticos como corpo técnico e aquelas outras persoas que convivan co equipo, que a Liga calcula que serán uns 20.

Moitos futbolistas queixáronse ao seu sindicato que ven inviable executar este protocolo. Hai moitos adestradores que tamén desconfían. Quizáis o máis contundente foi Setien. Afirmou que sería un sinvivir.

A Liga e a Federación saben que as datas cada vez asfixian máis todos os cronogramas deseñados. hai presa e presionan ao Goberno, malia as moitas, moitas incertezas que hai na sociedade.

Noticias web

20/04/2020