CRTVG

Buscar

Cribado masivo en Viveiro este domingo, con 1.512 veciños convocados

Publicado o 10/01/2021 17:43

Diante do pavillón, unha ringleira de xente agarda para facer a proba. Estaban convocados 1.512 veciños de Viveiro. Os máis deles son persoas que traballan cara ao público, no sector servizos.

Búscase detectar positivos asintomáticos e gromos agochados para poder detectalos e illalos.
De onte a hoxe, Viveiro pasou de 111 infectados a 148; son 37 positivos máis dun día para outro, nun concello de 15.500 habitantes e cunha incidencia de case mil positivos por cen mil habitantes.

Malia a expansión do virus, polo de agora non hai infectados entre os usuarios das residencias da terdeira idade. Esta é a cuarta vez que se pecha Viveiro perimetralmente. A responsabilidade individual é basica para evitar que o virus se espalle.

O martes coñeceranse os resultados das probas.

Noticias web

10/01/2021