O cribado de Xinzo detecta sete positivos de covid−19, e o de Souto de Vea, catorce

O cribado realizado en Xinzo de Limia (Ourense) dexou un total de sete casos de persoas infectadas con coronavirus. Iso reflicte unha taxa de positividade do 0,82 %. Así o ratifican os datos difundidos este luns polas autoridades sanitarias. O cribado poboacional impulsouno a Administración autonómica para coñecer mellor a realidade epidemiolóxica da localidade tras a alta incidencia acumulada nas últimas semanas.
Doutra banda, o cribado realizado esta fin de semana en Souto de Vea, na Estrada (Pontevedra), detectou un total de 14 positivos en covid−19.
Segundo informa a área sanitaria, o devandito cribado contou cunha asistencia do 80 por cento dos citados e participaron 2.046 dos 2.560 convocados, persoas de todas as idades de Souto de Vea. Os 14 positivos detectados representan o 0,68 % das 2.046 persoas ás que se lles realizaron as probas.