CRTVG

Buscar

O cribado de Rianxo tivo unha participación do 73 % e detectou cinco positivos

Publicado o 28/12/2020 20:08
O cribado de Rianxo tivo unha participación do 73 % e detectou cinco positivos

O cribado realizado nos últimos días entre veciños do municipio coruñés de Rianxo alcanzou unha participación do 73% e detectou cinco casos positivos. 

En concreto, segundo informaron fontes da área sanitaria de Santiago-A Barbanza, a este cribado estaban citados 2.900 cidadáns de entre 55 e 75 anos de Rianxo.

Finalmente, participaron o 73 % e rexistráronse cinco positivos. Rianxo é un dos municipios que máis preocupan as autoridades sanitarias galegas, dada a evolución da pandemia. De feito, as súas cifras séguena situando por encima dos 250 contaxios por 100.000 habitantes a 14 días, cando o seu nivel de restricións xa é o máximo e está pechado perimetralmente.

Noticias web

28/12/2020