CRTVG

Buscar

O cribado de Boiro avanza a bo ritmo coa convocatoria de 4.000 veciños

Publicado o 10/04/2021 15:00

Este segundo cribado no centro de saúde de Boiro vén motivado por un incremento de contaxios na última semana, con máis dunha vintena de casos activos, unha incidencia que obriga o concello a entrar no nivel alto de restricións desde o luns. Ante esta situación, o Sergas convocou algo máis do vinte por cento da poboación a facer un test de antíxenos. Son 4.000 veciños de entre 30 e 45 anos".

"Unha cousa rápida, uns minutiños de ringlera, a proba é rápida e tampouco é tan dolorosa".
"Creo que non é ningún tipo de esforzo vir aquí un minuto, os que están traballando de verdade son os sanitarios, sempre ao límite, así que hai que intentar apoiar sempre, si"

"Xa estamos moi acostumados e é algo neceasario para ter controlada a enfermidade"."A pena é que non me poidan vacinar agora senon xa me vacinaba agora, comentan varias persoas.
O cribado avanzaba a bo ritmo e sen positivos nas primeiras horas da mañá.  A idade dos convocados para facer la proba non foi casual e responde a criterios sanitarios.
 

"É a idade na que temos os casos, concentráronse entre 30 e 45 anos os 25 casos e pensamos que a transmisión está nesa franxa de idade", di Felipe Calle, director de atención primaria da área sanitaria de Santiago Barbanza.



Ao tratarse neste caso dunha proba de antíxenos, tras a extracción da mostra nuns minutos xa se coñece o resultado.
"Ao que o metemos no ordenador, nun espazo curto de tempo chégalle un sms co resultado ao paciente", di unha técnica sanitaria.
Aínda que a maioría fará o test hoxe, a busca de asitnomáticos en Boiro continuará tamén mañá. Para o domingo hai convocadas unhas 900 perosas.

Noticias web

10/04/2021