CRTVG

Buscar

O cribado da Coruña, cunha participación do 56%, revela 31 positivos

Publicado o 05/02/2021 22:37
O cribado da Coruña, cunha participación do 56%, revela 31 positivos


O cribado realizado en Expocoruña, na cidade da Coruña, lanzou 31 positivos. Ata a tarde do xoves participaron máis de 15.000 persoas, o 56% das 23.000 citadas, segundo informa o Sergas.

Entre outros cribados, detectouse un positivo entre as probas realizadas a profesionais de centros de saúde da área de Santiago e Barbanza.

A próxima semana esta área proseguirá con máis cribados entre habitantes de poboacións como Ordes e Frades, entre outras

. Así mesmo, o Concello de Valga informou de que o cribado no municipio do pasado saldouse con tres positivos e catro indeterminados.

Ademais, a área de Ourense sinala que o vindeiro martes fará un cribado entre 2.000 habitantes da zona do Carballiño.

Pola súa banda, o Concello de Vilaboa solicitou un cribado masivo para detectar casos covid-19 neste municipio.
 

Noticias web

05/02/2021