CRTVG

Buscar

O Courel pode presumir de cavidades subterráneas

Publicado o 08/06/2019 14:52

A paisaxe natural e a terra calcaria converten O Courel nun lugar onde abundan as cavidades subterráneas. Hai anos que os espeleólogos estúdianas para catalogalas e protexelas.

E como esta hai moitas máis. De tamaño maior, unhas vinteseis, pero todo apunta a que continúa habendo varias sen explorar.

Son os espeleógolos os que se ocupan de documentar estas covas. A idea é informar da súa existencia e do seu estado. Conservalas inalterables é cousa de todos.

A riqueza patrimonial e xeolóxica de O Courel valeulle o recoñecemento de xeoparque por parte da Unesco. Unha razón máis para achegarse a admirar e respectar estas terras.


 

Noticias web

08/06/2019