CRTVG

Buscar

O Costa Smeralda sae de porto para facer un itinerario por Italia

Publicado o 03/05/2021 09:13
O Costa Smeralda sae de porto para facer un itinerario por Italia

Un dos líderes europeos do sector das viaxes en barco, Costa Cruceiros, reactiva timidamente as súas operacións. Relanzouse co Costa Smeralda e a súa saída dende o porto de Savona para facer un itinerario por Italia. Volve, iso si, con protocolos reforzados.

No sector, calculan as perdas pola pandemia nuns 40.000 millóns de euros. Este é o primeiro dos catro cruceiros desta empresa que operarán este ano no Mediterráneo.