CRTVG

Buscar

O Coruxo e o Pontevedra, a dous partidos da salvación

Publicado o 14/05/2021 18:18

Pontevedra e Coruxo están a 180 minutos de lograr o seu obxectivo, a permanencia na segunda Federación. "Quedan dous partidos, non hai máis e é onde hai que dar o resto e evitar unha desfeita maior", di o granate Álex Fernández

Dúas xornadas en que tentarán acurtar o sufrimento dunha temporada que se lles fixo longa e extenuante. Manu amosou na última xornada a agonía desta campaña para o Coruxo: "Para nós gañar o outro día foi vital, despois dos resultados que houbo. De 2 partidos sumar 3 ou 1 punto chegaría pero imos tentar gañar en Oviedo, seguir co bo momento e rematar do mellor xeito posible"

O Coruxo visita o Oviedo B, do que o separan tres puntos. E o Pontevedra xoga en Villaviciosa ante o Lealtad, pero Álex non quere facer contas: "Hai enfrontamentos directos, poida que con 3 puntos nos chegue, poida que non, pero ao final nós temos que centrarnos no noso partido, esquecernos do resto, sumar 3 puntos que nos van dar aire e o que teña que ser será. Se temos que vir aquí na última semana porque fan falta máis puntos seguro que daremos a medida tamén na casa"

A salvación está nas súas mans.

Noticias web

14/05/2021