O Coruxo asinou a única vitoria galega na 2º B
Publicado o 06/01/2020 17:31
Na 2ª B, tres derrotas para os equipos galegos. A única vitoria logrouna o Coruxo... que derrotou ao San Sebastian de los Reyes por 2 goles a 0. O primeiro gol chegou cedo, no minuto 3. Marca David Añón.
E o segundo gol chegou nesta contra. Acaba marcando tralo rexeite, con ese testarazo, Álex Ares. O Coruxo suma 27 puntos. Oitavo na taboa, a seis da promoción de ascenso.