CRTVG

Buscar

O Coruxo confirma a súa presenza na 2ªRFEF

Publicado o 16/05/2021 22:14

Na segunda B o Coruxo deu un paso importante para xogar na segunda federación a vindeira temporada.
O equipo vigués empatou na súa visita ao filial do Oviedo. Adíantouse no marcador no minuto quince, cun gol de Diego Silva, pero Javi Cueto empatou no 37 para os locais. Logo deste resultado, o Coruxo depende de sí mesmo na última xornada, na que recibirá ao Covadonga, pechacancelas do grupo. Os de Míchel Alonso suman 33 puntos, un máis co Salamanca e dous máis co Pontevedra.

Noticias web

16/05/2021