CRTVG

Buscar

O Corpus de Ponteareas volve este 2021 baixo medidas estritas contra a covid

Publicado o 05/06/2021 21:28

No ano 2019, o último antes da pandemia, arestora, o sábado que precede ao domingo grande de Ponteareas, as rúas xa estaban cos debuxos en xiz que guiarían o deseño das alfombras. Este sábado non. O sábado antes do Corpus Cristi limpan as rúas con desinfectante e engalanan os balcóns e as fiestras porque de novo, coma en 2020, o Corpus de Ponteareas non será o que era.

Cústanos dar cos primeiros pétalos e follas. Nesta rúa o normal sería atopar grupos de xente metidos nos portais esfollando nas flores. Pero no Corpus de 2021 só haberá doce alfombras, menos da metade, e tamén da metade de tamaño. Na praza Maior, finalmente, damos coas hortensias, a flor deste ano, a da gratitude e da abundancia.

Ás seis da mañá, o domingo, comezarán a confeccionar os doce tapices sobre as rúas de Ponteareas. O que se mantén, coma sempre, é a procesión do Santísimo, iso si, cun grupo moi reducido de participantes invitados.

Noticias web

05/06/2021