CRTVG

Buscar

O coronavirus non se transmite por alimentos

Publicado o 18/06/2020 15:04

O virus que causou o rebrote en Pequín foi detectado nunha táboa de cortar peixe empregada por un vendedor de salmón importado do principal mercado da cidade.

Pero, é posible contraer o coronavirus a través dos alimentos? O catedrático de microbioloxía da USC, Jesús López, explicanos que non. Indica que "non hai base científica para dicir que o coronavirus se pode transmitir por alimentos".

Segundo os científicos, o máis probable é que se dese o que se chama contaminación cruzada. É dicir, que a persoa que estaba manipulando o salmón fose portadora do virus e contaminase a táboa.

Os expertos coinciden en que comer salmón ou calquera outro peixe é seguro e insisten en que as medidas de prevención dos mercados europeos nada teñen que ver cos asiáticos.

Noticias web

18/06/2020