CRTVG

Buscar

O coronavirus non chegou á Fonsagrada

Publicado o 07/09/2020 20:35

Máscaras constantes, respecto pola distancia de seguridade e sair da casa o imprescindible. Seguindo fielmente estes preceptos, os veciños da Fonsagrada conseguiron que o seu concello non rexistrase casos de coronavirus ata o de agora. E iso que durante o verán foron moitos os emigrantes e turistas procedentes de zonas de risco que os visitaron, sobre todo de Madrid e Cataluña.

"Sempre pedimos a todos que poñan a máscara. E o concello fai moita desinfección".

"Estamos moi contentos de que non chegara o virus. E esperemos que non chegue".

Esta ausencia de coronavirus xunto cos atractivos propios da montaña fixo que se disparase a demanda de vivendas na Fonsagrada. Dado que non hai unha inmobiliaria local, o concello realizou un censo de vivendas para compra e alugueiro que pon a disposición de quen desexe instalarse aquí.

Carlos López, alcalde da Fonsagrada: "Temos censadas máis de 50 vivendas que están a disposición de quen queira instalarse aquí. Ben para venda, ben para alugueiro".

Cervantes, As Nogais, Navia de Suarna ou Negueira de Muñiz son outros concellos de montaña a onde non chegou o virus.

Noticias web

07/09/2020