CRTVG

Buscar

O coronavirus chega á Fonsagrada sete meses despois con dous gromos

Publicado o 29/10/2020 13:55

Os usuarios desta vivenda comunitaria permanecen recluidos logo de que boa parte deles deran positivo nas probas PCR se ben ningún precisou de atención hospitalaria. Estas instalacións xunto coa aldea de Cereixido son os dous focos que concentran os 21 casos activos no concello da Fonsagrada. O primeiro gromo detectouse logo dun enterro na igrexa de Cereixido que congregou numerosos veciños de toda a zona no exterior da igrexa.

Miguel Álvarez. párroco: "Na igrexa, que é moi pequeniña, tomáronse todas as medias sanitarias e só entrou a familia. Pero non se trata de mirar onde se produciu, porque coa cantidade de casos que hai na provincia era fácil que se producise".

Malia os seus case 3.500 habitantes, a ser un lugar de paso entre Galicia e Asturias ou os numerosos turistas e peregrinos que recibiu no verán, na Fonsagrada non se rexistrara ningún caso de coronavirus dende o comezo da pandemia. Agora os veciños temen que o virus se espalle e afecte unha poboación moi envellecida.

"Hai que meterse na casa e ter precaucións".

"Pánico non hai, pero si preocupación. Isto vainos tocar a todos".

"O contaxio veu nun enterro dunha vila aí abaixo ao que asistiu moita xente".

Curiosamente, a comezos da semana detectouse a presenza de dous individuos que tentaban vender polas casas da Fonsagrada unha falsa vacina contra o coronavirus.

Noticias web

29/10/2020