CRTVG

Buscar

O coristanqués Angeliño cambia o Manchester City polo Leipzig

Publicado o 31/01/2020 23:17
O coristanqués Angeliño cambia o Manchester City polo Leipzig

Fóra do fútbol galego, pero cun protagonista moi galego, foi o movemento de Ángel Esmorís, Angeliño que deixou o Manchester City para irse cedido ó Leipzig alemán cunha opción de compra de 30 millóns de euros. O Leipzig lembremos que está a disputar a Liga de Campións (xogará en oitavos contra o Tottenham) e lidera a Bundesliga onde vai ter unha gran pelexa co Bayern ou co Dortmund. A coñecida como "Locomotora de Coristanco" é unha petición expresa do técnico alemán Nagelsmann.