CRTVG

Buscar

O coreógrafo Rafael Amargo pasa a disposición xudicial

Publicado o 03/12/2020 14:22

Despois de acollerse ao seu dereito a non declarar diante da Policía Nacional, o bailarín e coreógrafo Rafael Amargo pasou este mediodía a disposición xudicial.

Está acusado dun suposto delito de tráfico de drogas e outro de pertenza a organización criminal. Pasado o mediodía, o bailarín Rafael Amargo abandonaba a comisaría do distrito Centro de Madrid para ser trasladado aos xulgados de praza de Castela.

Esposado e acompañado doutros detidos na mesma redada, Amargo está acusado dos supostos delitos de tráfico de estupefacientes e pertenza a organización criminal.

No rexistro efectuado no domicilio do coreógrafo, os axentes interviñeron 60 gramos de metanfetamina, 20 de quetamina e 6.000 euros en efectivo.

"Nego que se atopase ningunha cantidade de droga que poida ser tida como unha cantidade para traficar, sen prexuízo de que se puidese atopar algún resto dalgunha substancia froito do consumo de calquera persoa que estivera alí".

Xunto ao coreógrafo foron detidos a súa parella, o seu produtor e un amigo, que se enfrontan aos mesmo cargos.

Noticias web

03/12/2020