CRTVG

Buscar

O consumo de leite aumentou un 7,2 % dende o comezo da pandemia

Publicado o 22/03/2021 14:33

O consumo de leite líquido aumentou en España nun 7,2 % dende que comezou a pandemia, o de iogures incrementouse nun 4,7 % e o de queixo foi o meirande, subindo ata nun 14 %.

Son datos do observatorio do leite da Unión Europea. Estas subas beneficiaron sobre todo as grandes industrias, mentres que os pequenos proxectos empresariais viron lastrado o seu consumo, sobre todo polo peche da restauración e pola supresión de feiras e mercados.

Ademais, as exportacións de leite e derivados aumentaron nun 3,3 %, mentres que as importacións se reduciron nunha cifra similar. O consumo de nata e leite en po tamén aumentou, mentres que o de manteiga reduciu o seu crecemento. Con todo, os gandeiros cren que é preciso artellar mecanismos para que esas subas no consumo se acaben reflictindo no prezo que eles cobran polo leite que producen.

España importou o ano pasado 304.000 toneladas de queixos polo que hai unha boa marxe para o crecemento da industria queixeira autóctona.

Noticias web

22/03/2021