CRTVG

Buscar

O consumidor poderá recuperar os gastos dunha hipoteca se unha cláusula é abusiva

Publicado o 16/07/2020 15:24

A sentenza europea indica unha salvidade que afecta ao imposto de actos xurídicos documentados e abre a porta a que sexan os xulgados españois quen examinen as comisións de apertura.

Calcúlase que arredor de oito millóns de clientes das entidades financeiras se atoparían nesta situación, polo que poderían reclamar as cantidades pagadas en concepto de gastos de hipoteca que estean incluídas nunha clausula declarada abusiva.

Na rúa a noticia é ben recibida. E consideran que é un abuso.

A sentenza supón un revés para xurisprudencia sentada polo Tribunal Supremo. Este concluíu que, cando se anulara unha cláusula, os gastos hipotecarios debían repartirse entre prestamista e prestatario ao 50%.

Noticias web

16/07/2020