CRTVG

Buscar

O Constitucional rexeita suspender a inhabilitación de Torra

Publicado o 06/10/2020 13:30
O Constitucional rexeita suspender a inhabilitación de Torra

O pleno do Tribunal Constitucional (TC) rexeitou suspender de forma urxente a execución da sentenza que condenou o expresidente da Generalitat de Cataluña Quim Torra a ano e medio de inhabilitación.

En cambio, si admitiu a trámite o recurso de amparo contra a sentenza que o condenou a ano e medio de inhabilitación por desatender a orde da Xunta Electoral Central (XEC) que o obrigaba a retirar unha pancarta de apoio aos presos do procés de edificios públicos na campaña electoral do 28-A.