CRTVG

Buscar

O Constitucional rexeita o recurso de Turull contra a sentenza do 'procés'

Publicado o 22/04/2021 19:24
O Constitucional rexeita o recurso de Turull contra a sentenza do 'procés'

O Tribunal Constitucional rexeita por terceira vez un recurso contra a sentenza do procés. Desta volta, quen impugnaba era o exconseller Jordi Turull, condenado a 12 anos de prisión. Os maxistrados non atenderon os seus argumentos, igual que xa fixeran antes cos recursos de Carles Mundó e Meritxell Borrás. A diferenza deles, esta é a primeira confirmación da pena a un condenado polo delito de sedición.

Noticias web

22/04/2021