CRTVG

Buscar

O Constitucional rexeita o recurso de Torra contra a súa inhabilitación

Publicado o 24/11/2020 20:20
O Constitucional rexeita o recurso de Torra contra a súa inhabilitación

O Tribunal Constitucional mantén a inhabilitación de Quim Torra. O Pleno do Tribunal rexeitou o recurso de súplica que presentou a denfensa do ex-presidente da Generalitat, aínda que co voto discrepante dun xuíz progresista. E tamén denegou suspender cautelarmente a súa inhabilitación mentres estuda o fondo do recurso contra a sentenza do Tribunal Supremo.

O alto tribunal confirmou en setembro a inhabilitación de Torra por un delito de desobediencia, por negarse a retirar da fachada do Palau da Generalitat unha pancarta en apoio aos presos do procés.

Noticias web

24/11/2020