CRTVG

Buscar

O conservatorio de música de Redondela participa dun proxecto da Unesco contra o cambio climático

Publicado o 22/10/2020 21:40

Alumnos e profesores do conservatorio de música de Redondela están a contribuír á loita mundial contra o cambio climático a través do proxecto Desplastifícate. Esta tarde ofreceron un concerto que contaba cunha convidada moi especial, que está de paso estes días por Galicia.

Desplastifícate é un proxecto da rede de escolas da Unesco implicado na loita contra o cambio climático. O conservatorio de Redondela participa nel e os seus alumnos realizaron diversos obradoiros para concienciarse e eliminar os plásticos.

Non o fixeron sós porque contaron cunha visita moi especial, a de Plastiquina, unha boneca que vai rotando polo mundo dentro dos centros da rede Unesco á que pertence este conservatorio. Para despedila fixeron un concerto onde ela foi a convidada especial e entregáronlle numerosos agasallos realizados polos alumnos.

Os nenos interpretaron Desplastifícate, unha canción creada neste conservatorio, e que aborda o problema que xeran os plásticos nos océanos por non reciclar. Plastiquina collerá o seu cesto con todos os seus agasallos e marchará cara a Arteixo para seguir transmitindo a mensaxe do importante que é reciclar.

Noticias web

22/10/2020