CRTVG

Buscar

O Consello de Ministros aproba o repartimento de 100 millóns contra a violencia de xénero

Publicado o 08/06/2021 11:01
O Consello de Ministros aproba o repartimento de 100 millóns contra a violencia de xénero

O Consello de Ministros aproba hoxe o repartimento de 100 millóns de euros entre as comunidades para poñer en marcha o Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Son cartos para manter e mellorar os servizos de atención ás vítimas. A distribución farase entre as comunidades e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

Dende que rematou o estado de alarma aumentaron os crimes machistas, con 8 mulleres asasinadas no mes de maio.

Noticias web

08/06/2021