CRTVG

Buscar

O Consello de Ministros aproba o primeiro paquete de reformas das pensións

Publicado o 06/07/2021 15:13

O Consello de Ministros aprobou hoxe o primeiro paquete de reformas das pensións que o Goberno pactou con sindicatos e patronal. Entre os puntos máis destacados está o da súa revalorización conforme a inflación, é dicir, que as pensións suban cada un de xaneiro conforme á media do IPC do ano anterior. Tamén se revisa o modelo de xubilacións anticipadas e incentívase os traballadores que alonguen a súa vida laboral.

No aire queda ese mecanismo que poida garantir a sostibilidade da caixa das pensións. Goberno e axentes sociais teñen ata novembro para negociar a fórmula, pero o ministro  de Seguridade Social xa lanzou a súa proposta: que a xeración do baby boom cobre menos pensión ou que traballe máis tempo, unha proposta que causou controversia. Segundo a voceira do executivo, María Jesús Montero: "O ministro Escrivá está facendo un esforzo para ser capaces todos de tecer esa alianza que nos comprometa para as próximas décadas, no futuro dos nosos maiores".

 

Noticias web

06/07/2021