CRTVG

Buscar

O Consello de Ministros aproba o nomeamento de José Miñones como delegado do Goberno en Galicia

Publicado o 30/03/2021 21:44

O Consello de Ministros aprobou o nomeamento de José Miñones como Delegado do Goberno en Galicia. O xa exalcalde de Ames avanzou que de momento apostará pola continuidade na Delegación do Goberno. Foi nun acto conxunto co secretario xeral dos socialistas galegos. Miñones e Caballero quixeron escenificar así a lealdade e a coordinación total que exisitirá entre o partido en Galicia e a Delegación do Goberno. Miñones dixo tamén que apostará polo diálogo coa Xunta.

"É un momento agridoce. Levo 11 anos e medio no concello e, polo tanto, saír despois destes 11 anos é un momento duro, difícil. Unha das claves da miña vida persoal e tamén política é a lealdade", di José Miñones, delegado do Goberno en Galicia.

"Agradézolle a súa lealdade sempre como membro da Executiva que eu encabezo do PSdeG-PSOE. E estou convencido de que imos seguir desenvolvendo un magnífico traballo conxunto cunha plena coordinación entre a Delegación do Goberno que José Miñones vai encabezar e a dirección do Partido Socialista", afirma Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.

Noticias web

30/03/2021