CRTVG

Buscar

O Consello de Ministros aproba cambios no carné por puntos e no regulamento de circulación

Publicado o 10/11/2020 15:02

Todas son novidades do novo regulamento de circulación aprobado esta mañá polo Consello de Ministros. Redúcese a velocidade nas vías urbanas de único carril por sentido a 30 quilómetros por hora, e a 20 km por hora se a beirrarúa e a estrada están ao mesmo nivel.

Segundo os expertos, con isto o risco de falecer nun atropelo redúcese cinco veces. Pero hai moitas máis medidas neste paquete de reformas, como a suba de 3 a 6 puntos polo uso do móbil ao volante.

Redución da velocidade nas vías urbanas cun único carril para cada sentido, a partir de agora a lei establece 30 km por hora. Din os expertos en condución, que pode reducir cinco veces os atropelos.

O obxectivo xeral desta reforma é xerar un novo modelo de seguridade viaria que permita rebaixar nun 50 por cento os falecidos e feridos graves durante a próxima década, recomendación sinalada pola Organización Mundial da Saúde.

Aumento de sanción para os condutores que suxeiten coa man o móbil, de 3 a 6 puntos. E no usar o cinto de seguridade pasa de 3 a 4 puntos.

No tocante á redución da velocidade, algunhas cidades galegas xa ían por diante coma Pontevedra, Santiago e localidades máis pequenas como Boiro. Na rúa, todas as medidas son ben acollidas en prol da nosa seguridade.

Tamén baixa a idade para poder sacar o permiso de conducir C de camións, pasando de 21 a 18 anos. E muda o exame teórico para sacar o carné, máis extenso, con maior contido audiovisual e cun máximo de fallos permitido do 10%.
 

Noticias web

10/11/2020