CRTVG

Buscar

O Consello de Estado insta o Goberno a adaptar as leis para que as comundiades poidan afrontar a pandemia

Publicado o 08/04/2021 16:07

O Consello de Estado aféalle ao Goberno que non teña unha lei estatal contra a pandemia. O ditame do máximo órgano consultivo do Estado cre que o Executivo español ten que adaptar a norma para que as comunidades autónomas poidan adoptar medidas contra a pandemia. Partes deste ditame saíron a luz en varios medios.

Sobre a lei galega de saúde, que o Goberno vai recorrer ante o Constitucional, o Consello de Estado di que ten que ser analizada na parte referida á vacinación obrigatoria. Con todo, avala os aspectos sancionadores. 

O PP di que o informe do Consello de Estado lles dá a razón porque levan un ano pedindo un ordenamento xurídico específico para pandemias. Pablo Casado cre que aínda hai tempo para lexislar ao respecto.

"A tempo estamos de aquí ao nove de maio, porque a partir de aí as comunidades autónomas non van ter un marco legal. Se non, teremos que pensar que a saúde non importa, e que o que máis importa é non darlle a razón á oposición", asegurou Casado.

Noticias web

08/04/2021