CRTVG

Buscar

O Consello da Xunta autoriza destinar 7,7 millóns a adquirir material contra o coronavirus

Publicado o 09/12/2020 17:56
O Consello da Xunta autoriza destinar 7,7 millóns a adquirir material contra o coronavirus

A Xunta autorizou unha achega de 7,7 millóns de euros para comprar material sanitario de loita contra a Covid, como PCR ou equipos de protección, para as áreas da Coruña Cee e Vigo. E no plano económico, o Consello tamén acordou unha terceira prórroga para a devolución dos préstamos que concedeu o Igape a empresas, pemes e autónomos. O pagamento de xuros adíase ata o 30 de xuño de 2021.

Noticias web

09/12/2020