CRTVG

Buscar

O Consello da Xunta aproba hoxe un incremento dos orzamentos nun 15 por cento

Publicado o 20/11/2020 08:26

En Galicia, a Xunta aproba hoxe o proxecto de Orzamentos. Ao mediodía coñeceremos os detalles, pero o presidente galego xa foi adiantando algunhas das medidas durante esta semana. 

Haberá máis investimento e menos pagamento de débeda. As contas da Xunta ascenden preto do 15 %, ata os 11.664 millóns de euros.

A prioridade, nestas complicadas circunstancias de crise derivada da pandemia, serán os investimentos, que acadarán a cifra récord de 2.500 millóns de euros, co obxectivo de activar a economía e o emprego.

A medida vaise completar cunha contención do gasto corrente, entre outras cousas, pagando a menor cantidade de intereses por débeda dos últimos 25 anos da historia autonómica.

Os grandes obxectivos expostos pola Xunta son a renovación da rede de hospitais, os centros de saúde e de dependencia e as residencias de maiores, e tamén a dixitalización do ensino e das zonas rurais.

En palabras do conselleiro de Facenda, son uns cálculos excepcionais, pero "prudentes e rigorosos", en que destacan sobre outros anos os fondos para a xeración de emprego.

Noticias web

20/11/2020