CRTVG

Buscar

A Xunta aproba a construción de oito novos albergues no Camiño de Santiago

Publicado o 12/09/2019 19:11

Ao longo dos camiños a Santiago hai 70 albergues públicos. De aquí ao vindeiro ano santo, a Xunta quere ampliar esa rede con oito establecementos máis nas distintas rutas. Un estará en Vigo e comezará a contruírse este mesmo mes. Para os novos albergues rehabilitaranse edificios de valor histórico e patrimonial. 

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia: "Seguimos traballando para este Xacobeo 2021, dando compromiso e concreción de prazos para intentar chergar preparados".

O Plan de albergues inclúe tamén reformas nos xa existentes e outras iniciativas para mellorar a atención aos peregrinos, como a instalación de desfibriladores ou poder facer reservas para grupos de persoas con discapacidade.

Noticias web

12/09/2019